miércoles, 29 de mayo de 2013

BENVIDOS

BENVIDOS

Estimad@s nais e pais, a ANPA NOVO ARTEIXO dávos a benvida ao CEIP de Arteixo e convídavos a formar parte desta Asociación. Estamos seguros que entre todos intentaremos facer un novo curso cheo de actividades e experiencias positivas e esperamos contar coa colaboración da maioría dos pais para conseguir os obxectivos desta asociación.

Para informarvos máis ao detalle, de todos os servizos e actividades para este novo curso, teremos unha charla o vindeiro 5 de xuño ás 20:30 no salón de actos do colexio.

ACTIVIDADES
No curso actual fixéronse:
  • Charlas da Escola de nais e pais. Taller de corresponsabilidade no traballo familiar doméstico. Taller ‘Aprender a estudar’
  • Representación dos pais no Consello Escolar do centro.
  • Organizamos e compartimos cos nos@s fill@s festas, excursións, etc.
  • Xestionamos servizos que axudan a conciliar a vida laboral e familiar: madrugador, almorzo, xantar e ludoteca.
  • Encargámonos de solicitar subvencións ás distintas administracións públicas.
  • Facemos propostas de mellora para o centro escolar

RESUMO DOS SERVIZOS DE MADRUGADOR/XANTAR/LUDOTECA
Os servicios prestados polo ANPA e os seus horarios son:
Madrugador / Almorzo de 7:00 a 9:30
Xantar: de 14:30 a 16:00 (recollida dos nenos de 15:45 a 16:00)
Ludoteca : de 16:00 a 18:00 (pódense recoller en calquera momento)
Cada servizo factúrase por separado, e pódese contratar coas modalidades de mes completo, medio mes e días soltos.

Servizo de adaptación: para os nen@s que comezan este ano infantil, no mes de setembro poderíase organizar este servizo durante o período de adaptación, sempre que haxa un mínimo de nen@s. Entón, se necesitades este servizo de adaptación hai que mandar un correo ao ANPA indicando que estades interesados ou marcar esta modalidade de servizo no formulario de Solicitude dos Servizos de Madrugador, Almorzo, Xantar e Ludoteca (formulario que vos facilitamos no local da ANPA)

REQUISITOS PARA PERTENCER AO ANPA E PODER UTILIZAR OS SERVIZOS QUE PRESTA:
  • Cota de socio (unha por unidade familiar)
  • Pagamento do seguro escolar (un por nen@ e curso)
  • Depósito de fianza se se utiliza algún servizo (unha por nen@, esta fianza será devolta cando se deixe de ser usuario dos servizos, solicitándoa por escrito, e devolverase nun prazo de dous meses desde o último recibo).
E recorda, aínda que non sexas usuario de ningún servizo, podes ser socio da ANPA, pagando a cota anual.


PARTICIPA XA. A ANPA SOMOS TOD@S.